Axenda

Información do evento:

  • Mér
    20
    Out
    2021

    Feira Edugal

    10:00

    10º Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia que terá lugar do 20 ao 22 de outubro no Recinto Feiral de Pontevedra

     

     

    A Escola de Enxeñería Industrial voltará estar presente na cita máis importante do ano en educación e formación. Punto de encontro de estudantes, profesores, orientadores e responsables de centros educativos e profesionais da educación

     

    Toda a información sobre formación e orientación educativa en Galicia estará presente na feira. Ademais dos  expositores haberá obradoiros, xornadas técnicas e actividades paralelas durante os tres días da feira.

     

    Un evento que axuda aos estudantes a decidir eficazmente o seu futuro formativo e profesional.

     

    Podes consultar máis información no arquivo Edugal 2021 e na ligazón https://www.edugal.es/index.html.