Axenda

Información do evento:

  • Mér
    13
    Xan
    2021

    Proceso acreditación doutoramento

    09:15

    Renovación da acreditación do Programa de Doutoramento en Enxeñería Química.

     

     

    Visita do Comité de Avaliación de ACSUG, que se realizará en modalidade non presencial, dentro do proceso de renovación da acreditación do doutoramento en Enxeñería Química.

     

    Ao obxecto de incentivar a participación das persoas relacionadas co programa de doutoramento no proceso, ACSUG habilitou un correo electrónico (audiencia.publica@acsug.es) para que as persoas relacionadas co programa e que non foron convocadas ás audiencias poidan enviar os seus comentarios ata o día 20 de xaneiro. Nos comentarios enviados por este medio o remitente debe estar debidamente identificado: nome completo, perfil (estudantado, persoas egresadas, PDI, PAS, etc.) e titulación (programa de doutoramento) sobre a que quere expoñer o comentario.

    Documentos e enlaces