Programa do ICREPQ’22 que se celebrará do 27 ao 29 de xullo de 2022.
Este evento terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus.
O obxectivo principal é servir de punto de encontro a académicos, científicos, enxeñeiros, fabricantes e usuarios de todo o mundo para reunirse e discutir o desenvolvemento recente, os problemas e solucións nas áreas de enerxía renovable e calidade da enerxía.
Poderase participar tanto de forma presencial como en liña.
Este congreso estrutúrase en:
- Sesións Plenarias: Presentacións duns 45 minutos (35 minutos para a presentación e 10 minutos para preguntas).
- Sesións orais: Presentacións en persoa ou en liña duns 15 minutos para cada relatorio (12 minutos para a presentación e 3 minutos para as preguntas). Simultaneamente en dúas salas.
- Posters Sessions: En 45 minutos en persoa e tamén en liña.
Paralelamente ás sesións técnicas, organizáronse as seguintes actividades de carácter máis lúdico. Para poder participar nestas actividades débese cubrir e enviar á organización o seguinte documento “Reservation form 2“.
- O día 27, percorrido de 90 minutos en autobús turístico con audio-guías por diferentes zonas de Vigo. Ao regreso e con dúas guías turísticas percorreranse a pé durante 60 minutos as zonas máis emblemáticas de Vigo para posteriormente, ás 21:00 horas, gozar dunha cea (Recepción Oficial) no Hotel Ciudad de Vigo.
- O día 28, traslado a Baiona ás 18:00 horas, con dúas guías español + inglés, percorrido pola cidade e posterior aperitivo ás 20:30 horas no Parador de Baiona, amenizado por un grupo de 9 participantes de música e bailes galegos. Ás 21:30 horas terá lugar a cea da conferencia no propio Parador de Baiona, coa entrega dunha medalla conmemorativa da 20ª edición do ICREPQ.
- O día 29, despois da clausura e do xantar correspondente, ás 15:00 horas partirase cara a Santiago en autobús e alí, con dous guías, visitaranse aos monumentos máis interesantes da cidade, especialmente a Catedral, dispoñerase logo de tempo libre e, ao regreso, realizarase unha breve visita á Cidade da Cultura, para chegar a Vigo sobre as 21:00 horas.
Consulta o programa completo do ICREPQ’22.