Escola de Enxeñería Industrial

Prácticas académicas externas

2021/22

Prácticas académicas externas

2021/22

previous arrow
next arrow
Slider

NOTICIAS

02 Ago 2022
Listaxes provisionais Mestrados en Enxeñería Biomédica e Enxeñería Industrial Posted in: Estudos61 -
Reclamacións do 9 ao 12 de setembro de 2022 +
22 Xul 2022
XX Conferencia Internacional sobre Enerxía Renovable e Calidade da Energía Posted in: A escola60 -
Celebrarase do 27 ao 29 de xulllo +
21 Xul 2022
Preinscrición Mestrado en Enxeñería Biomédica Posted in: Estudos61 -
Prazo do 23 ao 28 de xullo de 2022 +
21 Xul 2022
Preinscrición Mestrado en Enxeñería Industrial Posted in: Estudos61 -
Prazo do 23 ao 28 de xullo de 2022 +
20 Xul 2022
Distincións TFM por parte do ICOIIG Posted in: Estudos61 -
Convocatoria 2022 +
15 Xuñ 2022
Declaración de intención de matrícula no Mestrado en Enxeñería Industrial Posted in: Estudos61 -
Aberto o prazo de solicitude ata o 30 de xuño de 2022. +
15 Xuñ 2022
Declaración de intención de matrícula no Mestrado en Enxeñería Biomédica Posted in: Estudos61 -
Aberto o prazo de solicitude ata o 15 de xullo de 2022. +
14 Xuñ 2022
Convocatoria prazas intercambio no marco do GE4 curso 2022/23 – 2 cuadrimestre Posted in: Internacional63 -
Prazo de solicitudes 2º cuadrimestre ata o 30 de xuño de 2022 +
14 Xuñ 2022
Xornada Portas Abertas Posted in: A escola60 -
Xoves 16 de xuño +
13 Xuñ 2022
Renuncia á avaliación continua segunda edición 2021/22 Posted in: Estudos61 -
Publicación resolución definitiva +

AXENDA

Mér
27
Xul
2022

Programa do ICREPQ'22 que se celebrará do 27 ao 29 de xullo de 2022.

 

 

Este evento terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus.

 

O obxectivo principal é servir de punto de encontro a académicos, científicos, enxeñeiros, fabricantes e usuarios de todo o mundo para reunirse e discutir o desenvolvemento recente, os problemas e solucións nas áreas de enerxía renovable e calidade da enerxía.

 

Poderase participar tanto de forma presencial como en liña.

 

Este congreso estrutúrase en:

 

  • Sesións Plenarias: Presentacións duns 45 minutos (35 minutos para a presentación e 10 minutos para preguntas).

 

  • Sesións orais: Presentacións en persoa ou en liña duns 15 minutos para cada relatorio (12 minutos para a presentación e 3 minutos para as preguntas). Simultaneamente en dúas salas.

 

  • Posters Sessions: En 45 minutos en persoa e tamén en liña.

 

Paralelamente ás sesións técnicas, organizáronse as seguintes actividades de carácter máis lúdico. Para poder participar nestas actividades débese cubrir e enviar á organización o seguinte documento "Reservation form 2".

 

  • O día 27, percorrido de 90 minutos en autobús turístico con audio-guías por diferentes zonas de Vigo. Ao regreso e con dúas guías turísticas percorreranse a pé durante 60 minutos as zonas máis emblemáticas de Vigo para posteriormente, ás 21:00 horas, gozar dunha cea (Recepción Oficial) no Hotel Ciudad de Vigo.

 

  • O día 28, traslado a Baiona ás 18:00 horas, con dúas guías español + inglés, percorrido pola cidade e posterior aperitivo ás 20:30 horas no Parador de Baiona, amenizado por un grupo de 9 participantes de música e bailes galegos. Ás 21:30 horas terá lugar a cea da conferencia no propio Parador de Baiona, coa entrega dunha medalla conmemorativa da 20ª edición do ICREPQ.

 

  • O día 29, despois da clausura e do xantar correspondente, ás 15:00 horas partirase cara a Santiago en autobús e alí, con dous guías, visitaranse aos monumentos máis interesantes da cidade, especialmente a Catedral, dispoñerase logo de tempo libre e, ao regreso, realizarase unha breve visita á Cidade da Cultura, para chegar a Vigo sobre as 21:00 horas.

 

Consulta o programa completo do ICREPQ'22.

Xov
16
Xuñ
2022
11:00

O xoves 16 de xuño ás 11:00 horas terá lugar unha nova edición da Xornada de Portas abertas, unha oportunidade única para coñecer de preto a EEI,

 

Durante esta xornada, os asistentes coñecerán polo miúdo toda a oferta formativa das titulacións da nosa escola e as saídas profesionais.

 

Este ano esta xornada voltará celebrarse de forma presencial.

 

O programa previsto é o seguinte:

 

  • 11:00 h - 12:00h Charla xeral en Sala 1 edificio Miralles sobre preinscrición, matrícula, oferta formativa, servizos e oferta cultural e de extensión universitaria da Universidade de Vigo.

 

  • 12:00 h – 13:00 h Visitas guiadas por Telecomunicacións e Minas.

 

  • 12:45 h Recepción na EEI-Sede Campus. Punto de encontro na Entrada Principal da EEI-Sede Campus.

 

  • 13:00 h – 13:10 h Charla en Salón de Actos da EEI-Sede Campus sobre os distintos graos da EEI.

 

  • 13:10 h – 13:40h Inicio das visitas guiadas
    • 13:10h - 13:20h - Laboratorio de Automática.
    • 13:20h – 13:30h - Laboratorio/Taller IPF (Edificio Fundición).
    • 13:30h – 13:40h - Laboratorio Realidade Virtual (Edificio Fundición).

 

  • 14:00 h Fin das Xornadas de Portas Abertas

 

Non deixes pasar esta ocasión, esperámoste!

Mér
08
Xuñ
2022
17:00Paraninfo EEI - Sede Cidade

 

 

 

O mércores 8 de xuño ás 17:00 horas terá lugar unha nova edición da Xornada das Profesións, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

 

Esta xornada está dirixida a alumnos da Escola de Enxeñería Industrial recén titulados ou nos últimos cursos.

 

Este ano a xornada voltará celebrarse de forma presencial, no paraninfo da Escola Enxeñería Industrial Sede Cidade.

 

Hai 100 prazas dispoñibles que se adxudicarán por orde de inscrición. Esta inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

 
https://forms.gle/YeCrX2NFAkMjFWJg9
 

 

O programa previsto é o seguinte:

 

  • 17:00 horas - Presentación
    Juan E. Pardo Froján. Director da Escola de Enxeñería Industrial.
    Paula Froiz Lareu. Delegada en Vigo do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG).
    Jorge Cerqueiro Pequeño. Decano de Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (COITIVIGO).

 

  • 17:10 horas - Conferencia inaugural: “Desafíos e oportunidades para os futuros enxeñeiros na estratexia de I+D+i empresarial en 2022".
    Santiago García Seoane, Silveiro García Cores e José Juan Sarrato Martínez. RENFE Fabricación e Mantemento.

 

  • 17:30 horas - Continuación de estudos.
    Celso Fernández Silva. Subdirector de Planificación da E.E.I.

 

  • 17:40 horas - Prácticas en empresas.
    Luis Eguizábal Gándara. Subdirector de Relacións coas Empresas da E.E.I.

 

  • 17:50 horas - Estadías no estranxeiro.
    Cristina Trillo Yáñez. Subdirectora de Relacións Exteriores da E.I.I.

 

  • 18:00 horas - A función comercial do enxeñeiro.
    David Ferreirós Rodríguez. Enxeñeiro de Ventas INFAIMON.

 

  • 18:20 horas - O Enxeñeiro na gran empresa..
    Marta Judith Fernández Docampo. Xefe de Proxecto GESTAMP VIGO.

 

  • 18:40 horas - O Enxeñeiro na Administración Pública.
    Manuel Caride González. Enxeñeiro Técnico Industrial da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

 

  • 19:00 horas - O Exercizo Libre da Profesión e o Seguro de Responsabilidade Civil.
    Alejandro Balsa Campos. Responsable Técnico en INDICA INGENIERÍA.

 

  • 19:20 horas - O Enxeñeiro como docente.
    Xoan Carlos Muñiz Abuín. Profesor de Ensinanza Secundaria, Dirección Instituto.

 

  • 19:40 horas - O enxeñeiro na PYME e como empresario.
    Daniel Prieto Renda. CEO en SOLTEC INGENIEROS, S.L.

 

  • 20:00 horas - O Colexio Profesional.
    Pablo Pérez Vázquez. Director de Xestión do ICOIIG.

 

  • 20:15 horas - Saídas profesionais no estranxeiro.
    Jorge Cerqueiro Pequeño. Decano de COITIVIGO.

 

  • 20:25 horas - Coloquio aberto.
    Asistentes e relatores.
Xov
02
Xuñ
2022
18:00Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo

O 2 de xuño, a partir das 18:00 horas, celebrarase o acto de graduación do noso alumnado.

 

 

Este ano presenta como particularidade a primeira promoción do Grao en Enxeñería Biomédica, titulación deseñada coa colaboración do Complexo Hospitalaria Universitario de Vigo, e tamén a primeira promoción do alumnado do Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais que forma parte do Programa de Excelencia Ultreia 2020 da Xunta de Galicia.

 

Xunto a eles, participarán a sétima promoción de alumnos/as que finalizan os estudos no marco do Mestrado en Enxeñería Industrial, ademais da novena promoción de estudantes que cursaron algún dos restantes graos impartidos na Escola de Enxeñería Industrial: Enxeñería EléctricaEnxeñería en Electrónica Industrial e Automática, Enxeñería MecánicaEnxeñería en Organización Industrial, Enxeñería en Química IndustrialEnxeñería en Tecnoloxías Industriais.

 

Lembramos que soamente poderán asistir as personas que teñan invitación. É moi importante que respectemos as normas para que o evento se desenvolva de maneira exemplar  nun día tan sinalado para os/as graduados/as e as súas familias, despois dun curso dun grande sacrificio.

 

Nas vindeiras datas publicaremos o programa completo do acto.

 

 

Actividade patrocinada pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria.