Mestrado en Xestión Ambiental na Industria

tec_01

 

Secretaría do Mestrado

Unidade de Posgrao da EEI
Tel: (+34) 986 818 627 – (+34) 647 343 286
e-mail: mcind@uvigo.es
http://webs.uvigo.es/mcind
 

 

 

A crecente preocupacion pola mellora dos aspectos medioambientais do sector industrial deu lugar a unha importante demanda de profesionais especializados na optimización dos procesos productivos e na xestión dos resíduos dacordo cos principios de minimización, reutilización e reciclaxe.

As normativas europeas e nacionais na protección do medio ambiente obligaron a toma de medidas no sector industrial encamiñadas á mitigación do impacto desfavorable no medio e favoreceu o desarroio de sectores industriais e tecnolóxicos relacionados coa contaminación industrial

Co propósito de formar especialistas na xestión de resíduos industriais e na minimización do impacto ecolóxico das actividades idustriais, a Escola de Enxeñaría Industrial ofrece o título de Máster universitario en Xestión Ambiental na Industria.

 

Destinatarios:

  • Titulados superiores: Enxeñeiros e Licenciados
  • Enxeñeiros Técnicos e Diplomados
  • Profesionais con experiencia no sector industrial e/ou medioambiental
     

Contidos:

  • Caracterización dos residuos industriais contaminantes
  • Xestión e tratamento de residuos
  • Aspectos xurídicos e administrativos relacionados coa contaminación
  • Avaliación e tratamento dos suelos contaminantes
     

Prácticas en empresas dentro do programa do mestrado.