Diary

Event Information:

  • Tue
    27
    Jul
    2021

    Acto de graduación

    18:00 PM

    O 27 de xullo, a partir das 18:00 horas, celebrarase no Auditorio Mar de Vigo o acto de graduación das seguintes titulacións:

     

     

    Titulacións de grao - Promocións 2020 e 2021 

    Enxeñería Eléctrica

    Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática

    Enxeñería Mecánica

    Enxeñería en Organización Industrial

    Enxeñería en Química Industrial

    Enxeñería en Tecnoloxías Industriais

     

    Mestrado Universitario - Promocións 2020 e 2021

    Mestrado en Enxeñería Industrial

     

    Lémbrase que só será posible a asistencia do alumnado que teñan recibido invitación, non sendo posible a asistencia de acompañantes. Rógase así mesmo que todos os asistentes cumpran con todos os protocolos establecidos pola organización do evento e as autoridades sanitarias, para así permitir a celebración deste evento baixo unha contorna segura e óptima para todos os asistentes.

     

    A celebración deste evento estará supeditada a posibles cambios ou modificacións dada a situación sanitaria actual, e sempre co cumprimento da normativa sanitaria vixente para este tipo de eventos no momento da súa celebración.

     

    Os familiares poderán seguir todo o acto desde as 17:55 horas a través da seguinte ligazón ao Directo 1 de UVigoTV:

    https://tv.uvigo.es/live/5b60870c8f4208dd20625884