Event Information:
-
Fri10Feb202309:30
Obradoiros Elas Fan CienTec 2023
Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia
Co gallo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o venres 10 de febreiro a EEI celebra unha xornada na escola na que participarán nenas de distintos centros educativos.
O programa será o seguinte:
9:30 - 10:00: Benvida e distribución obradoiros. Salón de Actos
10:00 - 11:00: Primeiro obradoiro. Termografía infravermella. Aula G / Deseño e prototipado. Aula D
11:00 -11:30 DESCANSO
11:30 - 12:30: Segundo obradoiro. Deseño e prototipado. Aula D / Termografía infravermella. Aula G
12:30 - 13:30: Terceiro obradoiro (conxunto). Open Lab no vestíbulo: Experiencias profesionais na aplicación de novas tecnoloxías. Realidade Aumentada, Tecnoloxía Láser, Automatización e Robótica.
