Diary

Event Information:

  • Wed
    25
    May
    2022

    XXVIII Seminario de Loxística

    09:50Salón de Actos EEI - Sede Campus

    Organizado polo Grupo de Enxeñería de Organización (GIO) da Escola de Enxeñería Industrial.

     

     

    O Seminario pretende servir de punto de encontro para todos aqueles profesionais relacionados coa área loxística, tendo como obxectivo presentar as últimas tendencias nesta área e ofrecer experiencias prácticas da súa implantación, todo isto a través das intervencións de prestixiosos profesionais.

     

    A asistencia ao seminario é gratuíta. Os interesados en asistir podedes reservar a vosa praza directamente na web do Grupo GIO ou na seguinte ligazón https://forms.gle/E1JLXrTSMDKVj5ff8.

     

    O programa será o seguinte:

     

    • 10:00 horas. Blockchain aplicado á cadena de subministración: creando valor ao cliente e mellorando a eficiencia nos procesos.
      • José Iglesias Álvarez, Director Ejecutivo en Trazum Galicia.
      • Gerardo Estévez Suárez, CEO en Trazum Galicia e Socio Director en Elige Plus Consultores de Dirección.
    • 11:00 horas. OpenInnovation para solucións loxísticas nunha empresa textil
      • Diego Piñeiro, Dirección de Innovación en Selmark Lingerie
    • 12:00 horas. Pausa café
    • 12:30 horas. Operational Excellence: Roadmap for Logistics
      • Mario Díaz, Técnico Loxística Manantiales Central.
      • David Rey, Técnico de Procesos e sistemas Almacén. Coca Cola Europacific Partners
    • 13:30 horas. O reto da automatización integral da intraloxística nun sector supostamente tradicional. O caso de Arnoia Distribución de Libros S.A.
      • Alberto Pérez Abreu, Director financiero en Arnoia Distribución de Libros S.A.
    • 14:30 horas. Clausura

     

     

    Para ampliar a información podedes consultar a nosa páxina web así como o seguinte documento co programa e ubicación.