Diary

  • Tue
    28
    Feb
    2023

    O próximo 28 de febreiro, e ata o 2 de marzo, comezará unha nova edición do Foro Tecnolóxico do Emprego.
     
     
     
    Trátase dun evento para achegar o mundo laboral ao alumnado das diferentes escolas de enxeñaría da Universidade, aprendendo como se traballa en equipo nunha empresa.
     
    Haberá diversos obradoiros e conferencias, impartidos polas empresas que participarán nesta próxima edición do foro.
     

    Non deixes pasar esta oportunidade de asistir ao XXIII Foro Tecnolóxico de Emprego para complementar a túa formación e amosarlle ás empresas o teu talento.
     

    Máis información en https://www.forotecnoloxico.net/ e nas súas redes sociais.
     

  • Fri
    24
    Feb
    2023
    10:00Aula de Grao EEI

     
    O próximo venres 24 de febreiro ás 10:00 horas terá lugar unha charla sobre a enxeñería biomédica titulada "O papel da Enxeñería Biomédica ante os retos da Sanidade" que será impartida polo relator, D. Enrique Gómez Aguilera, Presidente da Asociación Española de Ingeniería Biomédica.
     
    Para asistir á charla é necesario inscribirse no seguinte formulario: https://forms.gle/BV7kmtGc2LzJWC5D8.

  • Thu
    16
    Feb
    2023
    16:00Aula de Grao EEI

     
    O Mestrado en Enxeñería da Automoción organiza a XVI Charla en Enxeñería de la Automoción (CHIA), ciclo de charlas que vimos impartindo dende o curso 2019/20.

     
    A información é a seguinte:
     

    Título: Retos e oportunidades da mobilidade na cidade de Vigo.
    Relator: Excmo. Sr. Alcalde del Excmo. Concello de Vigo, D. Abel Caballero Álvarez.
    Data: Xoves 16 de febreiro ás 16:00 horas.
    Lugar: Aula de Grao - EEI - Sede Campus.
     
    Para asistir á charla é necesario inscribirse no seguinte formulario: https://forms.gle/8RSEGZaXpZZddzr56.

  • Fri
    10
    Feb
    2023
    09:30

    Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

     

     

    Co gallo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o venres 10 de febreiro a EEI celebra unha xornada na escola na que participarán nenas de distintos centros educativos.

     

     

    O programa será o seguinte:
     

    9:30 - 10:00: Benvida e distribución obradoiros. Salón de Actos
    10:00 - 11:00: Primeiro obradoiro. Termografía infravermella. Aula G / Deseño e prototipado. Aula D
    11:00 -11:30 DESCANSO
    11:30 - 12:30: Segundo obradoiro. Deseño e prototipado. Aula D / Termografía infravermella. Aula G
    12:30 - 13:30: Terceiro obradoiro (conxunto). Open Lab no vestíbulo: Experiencias profesionais na aplicación de novas tecnoloxías. Realidade Aumentada, Tecnoloxía Láser, Automatización e Robótica.