Diary

  • Fri
    29
    Apr
    2022
    10:00

    Seminario que se celebrará de 10:00 a 13:30 horas no Salón de Actos da EEI - Sede Campus

     

     

    Nesta xornada, Arsoft, empresa especializada no uso da realidade virtual e aumentada, achegaranos ás tecnoloxías XR (Realidade Aumentada, Realidade Virtual e Realidade Mixta) dende o punto de vista da súa aplicación na industria.

     

    O programa será o seguinte:

    • 10:00 - 10:15: Apertura da Xornada - Juan Pardo (Director da EEI)
    •  

    • 10:15 - 10:45: Visión global das tecnologías XR - Santiago González (CEO de Arsoft)
    •  

    • 10:45 -11:15: Como invertir de forma sostible en tecnoloxías XR? - Santiago González (CEO de Arsoft)
    •  

    • 11:15 - 12:00: Café e desmostracións prácticas de contidos XR
    •  

    • 12:00 - 12:15: X-realities para a transforamación dixital - Miguel Vilar (Navantia)
      Enxeñeiro Industrial pola Universidade de Vigo. Responsable de Arquitectura Dixital, dentro da Dirección de Tecnoloxía e Transformación Dixital. Colabora coa Universidade de A Coruña a través da UMI "Estaleiro do futuro", en diversas iniciativas relacionadas coa Industria 4.0, realidade virtual e aumentada internet das cousas, RFIF e xemelgo dixital.
    •  

    • 12:15 - 12:30: Operadores 4.0 en entornos de aprendizaxe H2M - Álvaro García (Cidaut)
      Enxeñeiro informático, Máster executivo industria 4.0, Máster profesional en liña en ciberseguridade industrial e Director de proxectos de I+D. 20 anos de experiencia no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación. Actualmente membro do Grupo de Traballo Rexional de Castela e León de Industria 4.0 e Ciberseguridade.
    •  

    • 12:30 - 12:45: Cara o futuro da educación. Tecnoloxías XR - Alberto Manzano (Account Manager de Arsoft)
      Xestiona proxectos educativos baseados en tecnoloxías XR. Partidario da comunicación, a creatividade e as boas ideas.
    •  

    • 12:45 - 13:00: Mesa redonda "Aplicación sostible de tecnoloxías XR e integración co xemelgo dixital"
    •  

    • 13:00 - 13:30: Sesión Kahoot. "Futuro do XR"

     

    As prazas son limitadas polo que para participar é necesario inscribirse no seguinte formulario

  • Thu
    28
    Apr
    2022
    16:30Centro GaiásTech e Streaming

    Encontro do talento tecnolóxico galego

     

     

    O obxectivo desta xornada é reunir nun mesmo foro ás principais empresas cun claro proxecto de futuro e necesidade de incorporar talento, protagonistas dun presente profesional que marcará o camiño cara ao futuro inmediato de Galicia.
     

    Está dirixida a todos os profesionais implicados coa tecnoloxía e con Galicia, con inquietude de mellora profesional.

     

    O programa será o seguinte:

     

    • Presentación da xornada
    •  

    • "Cocos galegos": Empresas Tecnolóxicas con ADN Galego, casos de éxito:
      • Keyplan Ingeniería
      • Efimob Efficient Mobility
      • Inelsa Solar
      • Aeromedia UAV
      • Universidade
      • Administración
    •  

    • Foro Aberto “Da Universidade ao Aeroporto”. Como reter o talento en Galicia.
      • #Salario
      • #Oportunidades
      • #Recoñecemento
    •  

    • Oportunidades de desenvolvemento profesional en Galicia
      • Oferta de emprego / Selección de talento
      • Apoio da administración
      • Universidade – Trampolín de Talento

     

     

    Para participar é necesario inscribirse no seguinte formulario.

     

    Pódese consultar máis información na axenda deste evento.

  • Wed
    20
    Apr
    2022
    16:00

    Charla que se celebrará ás 16:00 horas na aula 15 da EEI- Sede Campus

     

     

    Será impartida polo Dr. Álvaro Goyanes, científico galego fundador da empresa FabRx e que figura por terceiro ano consecutivo na lista dos investigadores máis influentes do mundo elaborada por Web of Science.
     

    Xunto ao seu equipo, Álvaro Goyanes está desenvolvendo unha impresora 3D que permitiría "fabricar" medicamentos en casa. Esta investigación tivo unha gran acollida dende a súa publicación no International Journal of Pharmaceutics.
     

    O acceso á charla será libre previo rexistro no siguiente formulario.

  • Wed
    06
    Apr
    2022
    18:30

    Mesa redonda que se celebrará de 18:30 a 20:00 horas no Paraninfo da EEI - Sede Cidade (Rúa Torrecederia, nº 86)

     

     

    Participan:

    • María José Raposo, Presidenta, ISA Sección Española
    • Almudena Álvarez, EMEA IIPS Senior Proposal Manager de HONEYWELL Process Solutions
    • Carmen Valverde, Project Manager, FOSTER-WHEELER
    • Julia García, Regional Director Operations Southern Europe, EMERSON
    • Mónica Martínez, Xestora de Optimización e Control da Refinería de Coruña, REPSOL

     

     

    Modera:

    • Isabel Vidal, Profesora e Consultora da sección de estudantes, USC

     

     

    Presenta:

    • José Ignacio Armesto, Profesor e ex-advisor da sección de estudantes, UVIGO