Plan de investigación

Antes de seis meses contados a partires da data de matrícula no programa de doutoramento o alumno deberá elaborar un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía que empregará e os obxectivos que se pretenden acadar, así como os medios e a planificación temporal para acadalos. Este plan deberá ser presentado e avalado co informe do Director/es e do Titor e deberá ser aprobado pola Comisión Académica.

Anualmente a Comisión Académica avaliará o Plan de Investigación e o Documento de Actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa de doutoramento. No caso de avaliación negativa, que será debidamente motivada, o alumno deberá ser de novo avaliado no prazo de seis meses, para o que elaborará un novo Plan de Investigación. No suposto de producirse unha nova avaliación negativa, o alumno causará baixa definitiva no programa de doutoramento.

Este Programa de Doutoramento, establece as seguintes normas para a aprobación dos Planes de Investigación:

  1. O Plan de Investigación debe conter un tema de Tese de Doutoramento así como un resumo da investigación orixinal que se pretende levar a cabo.
  2. O Plan de Investigación debe conter un plan de traballo e de formación distribuídos temporalmente.
  3. O Plan de Investigación debe establecer o Director ou Directores da Tese de Doutoramento.