Normativa de lectura da Tese de Doutoramento

En cumprimento da normativa vixente na Universidade de Vigo, as Teses de Doutoramento deberán obtela autorización da Comisión Académica corresponde ao programa de doutoramento no que esté matriculado o alumno.

En consecuencia, como norma xeral, admitiranse a trámite pola Comisión Académica, aquelas Teses de Doutoramento que cumpran os seguintes criterios:

  1. O alumno autor da Tese de Doutoramento debe xustificar ter realizado un mínimo de dous anos en periodo de investigación
  2. O alumno debe ter superado 9 ECTS de cursos de formación básica. De ser o caso, deberá ter superados tódolos complementos de formación establecidos pola Comisión Académica.
  3. Na valoración da calidade da Tese de Doutoramento teranse en conta os méritos seguintes, entendéndose sempre os derivados da propia Tese de Doutoramento
    1. Publicacións en revistas de recoñecida valía situadas no primeiro tercio dalgún dos listados por ámbitos científicos recollidos no "Subject Category Listing" do "Journal Citation Reports" do "Social Science citatioin Index" e o Science Citation Index (Institute for Scientific Information - ISI-, Philadelphia, PA, USA).
    2. Publicacións en revistas de recoñecida valía. Aceptaranse como tales as recollidas nos listados por ámbitos científicos o "Subject Category Listing" do "Journal Citation Reports" do "Social Science Citation Index" e o Science Citation Index (Institute for Scientific Information - ISI-, Philadelphia, PA, USA).
    3. Solicitudes de patentes rexistradas
    4. Publicacións en Actas de Congresos Internacionais avalados por sociedades científicas ou técnicas.
  4. Admitiranse a trámite aquelas Teses de Doutoramento que xustifiquen o cumprimento dalgunhas das condicións seguintes:
    1. Ao menos 1 mérito tipo criterio 3.1
    2. Ao menos 1 mérito tipo criterio 3.2 e 1 mérito tipo criterio 3.2, 3.3. ou 3.4

 

Xustificación dos méritos alegados:

  • Criterio 3.1 - Copia do artigo ou do xustificante da súa aceptación
  • Criterio 3.2 - Copia do artigo ou do xustificante da súa aceptación
  • Criterio 3.3 - Copia do rexistro de solicitude de patente
  • Criterio 3.4 - Copia da publicación e copia dos documentos da organización do congreso nos que consten os datos da organización, comités e sociedades científicas ou técnicas que o avalan.