Desenvolvemento da Tese

Establécense as seguintes normas para o desenvolvemento da Tese de Doutoramento:

  1. A Comisión Académica deste programa de doutoramento velará polo correcto desenvolvemento dos Plans de Investigación de Teses de Doutoramento aprobados pola mesma.
  2. O alumno someterá anualmente (no mes de outubro) á Comisión Académica un informe anual da actividade desenvolvida no curso académico precedente, no que comentará o grao de cumprimento do plan de traballo e formación previamente establecido e recollido no Documento de Actividades do alumno. Este informe incluirá, ademais, un plan de actividades futuras (tanto no que se refire a investigación, como formación e mobilidade). O informe deberá ter o visto e prace do/s director/es da Tese de Doutoramento.
  3. A Comisión Académica avaliará os informes anuais de actividade e propoñerá as modificacións que estime oportunas para o adecuado desenvolvemento da Tese de Doutoramento no marco temporal establecido pola normativa en vigor. A decisión será comunicada ao alumno así como ao director ou directores da mesma para que, de ser preciso, adopten as medidas oportunas para o cumprimento.
  4. O Coordinador do programa de doutoramento elaborará anualmente un informe de estado do programa de doutoramento no que se inclúan, polo menos, os seguintes aspectos:
    • Resultados dos informes anuais de actividade dos alumnos de doutoramento
    • Evolución do programa de mobilidade e os seus resultados
    • Resultados xerais do programa de doutoramento
  5. A Comisión Académica realizará anualmente unha análise do mencionado informe de estado do programa de doutoramento. En función desa análise tomaranse decisións no que respecta á formación dos alumnos, o programa de mobilidade e os resultados xerais do programa de doutoramento. Asemade, a Comisión Académica, implementará as accións e/ou melloras derivadas deste proceso de análise e toma de decisións.
  6. Unha vez aprobado pola Comisión Académica, este informe do estado do programa de doutoramento será publicado na páxina web do mesmo.