Recursos materiais

Unha das características principais das titulacións do ámbito da enxeñería é o seu carácter experimental. Isto fai que o papel das infraestructruras sexa de gran importanciano desenvolvemento das actividades. Durante os últimos anos a Escola de Enxeñería Industrial realizou grandes inversións nas dotacións das aulas, tanto docentes como informáticas, e tamén nos laboratorios, tanto da área científica como tecnolóxica, dispoñendo dun equipamento moderno acorde coas esixencias actuais.

A Escola de Enxeñería Industrial conta con máis de 550 postos informáticos nas aulas, ademáis de dous servidores e un aula virtual para un total de 50 usuarios ou sesións.

Ademáis das instalacións da Escola (ver detalle aquí), existen laboratorios de investigación nas seguintes liñas:

  • Novos materiais
  • Tecnoloxía Enerxética
  • Enxeñería de corrosión e materiais
  • Aplicacións industriais dos láseres
  • Enerxía solar e refrixeración
  • Enxeñería mecánica e automoción
  • Electrotecnia e redes eléctricas
  • Deseño industrial
  • Enxeñería química, enerxética e ambiental
  • Metroloxía óptica
  • Enxeñería de sistemas e automática
  • Deseño e automatización de sistemas avanzados
  • Tecnoloxía electrónica de potencia
  • Control non lineal
  • Enxeñería dos procesos de fabricación
  • Robótica e sistemas intelixentes
  • Deseño microelectrónico
  • Mecánica de fluídos computacional