Criterios de admisión

Para ser admitido no Programa de Doutoramento en tecnoloxías e procesos avanzados na industria pola Universidade de Vigo será necesario cumprir algunha das seguintes condicións:

  1. Estar en posesión dun título de Grao Universitario regulado polo  RD 1393/2007 e estar en posesión do título de mestrado universitario en Enxeñería Industrial pola Universidade de Vigo.
  2. Estar en posesión dunha titulación de ciclo largo regulada pola Lei de Reforma Universitaria (LRU), tal como Enxeñería Industrial, Enxeñería de Telecomunicacións, Enxeñería de Minas, Licenciado en Ciencias Físicas, Licienciado en Ciencias Químicas, etc.. e estar en posesión do título de Mestrado Universitario en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria pola Universidade de Vigo.
  3. Estar en posesión do Diploma de Estudos Aanzados (DEA), obtido dacordo co disposto no RD 778/1998, preferentemente DEAs correspondentes aos seguintes programas de Doutoramento:
    • Tecnoloxía Eléctrica
    • Enxeñería Electrónica
    • Análise de sistemas mecánicos, enerxéticos e de fluidos
    • Tecnoloxía Eléctrica e Enxeñería Electrónica
    • Ciencia e Tecnoloxía de Materiais
    • Física Aplicada
    • Deseño mecánico e materiais
    • Enxeñería Química
    • Enxeñería de deseño e fabricación
    • Tecnoloxías de climatización e eficiencia enerxética de edificios
    • Outros programas de Doutoramento regulados polo RD 778/1998 tras valoración por parte da Comisión Académica de que a formación adquirida polo estudante é a adecuada para ser admitido no programa de doutoramento.
  4. Ter obtido a suficiencia investigadora, regulada polo RD185/1985, trala valoración por parte da Comisión  Académica da formación adquirida polo estudante
  5. Estar en posesión dunha titulación de ciclo largo regulada pola Ley de Reforma Universitaria (LRU), tal como Enxeñería Industrial, Enxeñería de Telecomunicacións, Enxeñería de Minas, Licienciado en Ciencias Físicas, Licienciado en  Ciencias Químicas, etc... e estar en posesión dun título de Mestrado Universitario regulado polo RD 1393/2007. Neste caso a Comisión Académica valorará que dito título de Mestrado acredita un nivel de formación suficiente para afrontar con garantía de éxito a realización da Tese de Doutoramento. Neste caso a Comisión Académica poderá establecer a necesidade de superar complementos de formación durante o programa de doutoramento.
  6. Estar en posesión dun título de Grao Universitario regulado polo RD 1393/2007 e estar en posesión dun título de Mestrado Universitario regulado polo RD 1393/2007. Nestre caso as Comisión Académica valorará que dito título de Mestrado acredita un nivel de formación suficiente para afrontar con garantías de éxito a realización da Tese de Doutoramento. Neste caso a Comisión Académica poderá establecer a necesidade de superar complementos de formación durante o programa de doutoramento.
  7. Estar en posesión dun título obtido conforme a sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, previa comprobación pola Universidade de que éste acredita un nivel de formación equivalente a do tíulo oficial español de Mestrado Universitario e que faculta no país expeditor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do que se esté en posesión o interesado nin o seu recoñecemento a outros efectos que a do acceso ás ensinanzas de doutoramento. Neste caso a Comisión Académica valorará que o estuante acredita un nivel de formación suficiente para afrontar con garantías de éxito a realización da tese de doutoramento. Neste caso a Comisión Académica poderá establecer a necesidade de superar complementos de formación durante o programa de doutoramento.

Naqueles casos nos que o estudante non cumpla algunha das condicións anteriores, a Comisión Académica poderá admitir ao estudante sempre e cando cumpra os requisitos de acceso e a Comisión Académica considere que a súa formación é suficiente para afrontar con garantías de éxito a realización da Tese de doutoramento. Nestes casos a Comisión Académica poderá establecer a necesidade de superar complementos de formación durante o programa de doutoramento.

No caso de que o número de solicitudes de admisión supere ao de prazas ofertadas, a orde de prelación será a seguinte:
1.- Alumnos que cumpran a condición de admisión 1
2.- Alumnos que cumpran a condición de admisión 2
3.- Alumnos que cumpran a condición de admisión 3
4.- Alumnos que cumpran a condición de admisión 4
5.- Alumnos que cumpran a condición de admisión 5
6.- Alumnos que cumpran a condición de admisión 6
7.- Alumnos que cumpran a condición de admisión 7

Dentro de cada grupo de alumnos que cumpran unha mesma condición, establecerase unha orde de prioridade en función da nota media do expediente académico do alumno.

Criterio adicional de admisión de alumnos no programa de doutoramento:

En todo caso, para ser admitido no programa de doutoramento requerirase a aceptación como director de Tese, por parte dun profesor doutor que teña recoñecido ao menos un tramo de investigación (sexenio; ou acredite unha traxectoria investigadora equivalente á necesaria para a obtención de dito sexenio.