Colaboracións

Universidade do Minho (Braga - Portugal), Technische Universität Wien (Austria), VSB – Technical University of Ostrava (República Checa), Aarhus Universitet (Dinamarca), Universiteit Twente (Holanda), University of Maribor (Eslovenia), University of Newcastle upon Tyne (Reino Unido).

Colaboración na formación dos alumnos de doutoramento no eido da innovación e a creatividade en sistemas complexos na enxeñería. Lévanse a cabo mediante a participación conxunta nun Erasmus Intensive Program titulado “Innovation and Creativity for Complex Engineering Systems (ICCES)” para a formación de estudantes de doutoramento.

Albert-Ludwigs Universität Freiburg im Breisgau (Alemania)

Acordo de colaboración co Instituto de Informática para o desenvolvemento de traballos de investigación conxuntos no eido do tratamento de datos e a estatística.

Lund University (Suecia)

Desenvolvemento de traballos de investigación conxuntos no eido dos novos materiais e a física.

Universidade do minho, Braga (Portugal)

Desenvolvemento de traballos de investigación conxuntos no eido dos novos materiais e a tecnoloxía láser.

Universita degli studi di Perugia (Italia)

Convenio co Dipartimento Ingegneria Industriale, para o desenvolvemento de traballos de investigación conxuntos no eido da intelixencia artificial.  

University of Stavanger (Noruega)

Desenvolvemento de traballos de investigación conxuntos no eido da producción industrial e a fabricación (incluíndo CAD, CAM, CAE).

Universität der Bundeswehr München (Alemania)

Colaboración co departamento de tecnoloxía e enxeñería para o desenvolvemento de investigacións conxuntas en temas de enxeñería industrial.

Universität Stuttgart (Alemania)

Colaboración co departamento de ciencia e enxeñería de materiais para o desenvolvemento de dispositivos basados en SiGe.

Université de la Mediterranee, Marseille (Francia)

Desenvolvemento de traballos de investigación conxuntos no eido dos novos materiais e a enerxía.

Uniwersytet Zielonogorski, Zielona Gora (Polonia)

Desarrollo de trabajos de investigación conjuntos en el campo de la ingeniería eléctrica y la electrónica.

Uppsala University (Suecia)

Desenvolvemento de traballos conxuntos de investigación no eido da física e os novos materiais, en especial, no desenvolvemento de novos biomateriais, o seu procesamento mediante tecnoloxía láser e a súa caracterización.

Zilinska Universita v Ziline (Eslovaquia)

Desenvolvemento de traballos de investigación conxuntos no eido da enxeñería mecánica, a fabricación e a produción industrial.

 

Outras Colaboracións:

Universidad de Cranfield (Reino Unido).

Colaboración na formación dos alumnos de doutoramento no eido da fabricación industrial. Lévase a cabo mediante conferencias do profesor Prof. Timothy Baines. (Professor of Strategic Manufacture) nas nosas instalacións.

Instituto Politécnico de Oporto (Portugal).

Colaboración na formación dos alumnos de doutoramento no eido da produción industrial. Lévase a cabo mediante conferencias do profesor Luís Pinto Ferreira nas nosas instalacións.

E.T.S. de Ingeniería del Pais Vasco. (Bilbao).

Colaboración na formación dos alumnos de doutoramento no eido da robótica industrial. Lévase a cabo mediante conferencias da profesora Itziar Cabanes Axpe do departamento de Enxeñería de Sistemas e Automática da E.T.S. de Enxeñería do Pais Vasco nas nosas instalacións.

Universidad de Sevilla.

Colaboración na formación dos alumnos de doutoramento no eido do deseño e fabricación de microsistemas (MEMS). Lévase a cabo mediante conferencias do profesor Antonio Luque Estepa do Departamento de Enxeñería Electrónica da Universidad de Sevilla nas nosas instalacións.

EFACEC (Oporto, Portugal).

Empresa multinacional de fabricación de equipos eléctricos con sede en Oporto. Colaboración na formación dos alumnos de doutoramento no eido da investigación e desenvolvemento de sistemas eléctricos e electrónicos de alta potencia, dende o seu deseño, fabricación e posta a punto. Lévase a cabo mediante visitas dos nosos alumnos ás súas fábricas en Oporto e participación do seu personal técnico nas sesións de formación dos alumnos.

ABG Patentes, S.L. (Madrid).

Colaboración na formación dos alumnos de doutoramento en todo o relacionado coa propiedade industrial e a proteción dos resultados da investigación. Lévase a cabo mediante conferencias dos seus membros.

Centro Tecnológico de la Automoción de Galicia CTAG. (Porriño, Pontevedra).

Colaboración na formación dos alumnos de doutoramento mediante conferencias e visitas ás súas instalacións.