Programa Erasmus-Estudos

O programa Erasmus-Estudos permite que os alumnos da EEI poidan cursar unha parte dos seus estudos noutras universidades europeas coas que a Universidade de Vigo asinou acordos bilaterais de intercambio de estudantes.

Os alumnos de último curso da súa titulación poden optar a esta bolsa para cursar un semestre da súa especialidade en mobilidade. Estes alumnos deben facer a solicitude o ano anterior a aquel en que se levará a cabo a mobilidade.

Para os estudantes de Grao a mobilidade Erasmus-Estudos realizarase preferentemente no segundo cuadrimestre de 4º curso.

Para os estudantes do Mestrado de Enxeñería Industrial que cursan unha das 6 orientacións dispoñibles en 2º curso, a mobilidade Erasmus-Estudos realizarase preferentemente para cursar o bloque de materias da especialidade do 1º semestre de 2º curso.

A selección dos estudantes da EEI para este programa de mobilidade será realizada dacordo aos criterios establecidos na Normativa de selección de estudantes da EEI para o programa de mobilidade Erasmus-Estudos.