Programa Erasmus Prácticas

O Programa Erasmus-Internships (Erasmus Prácticas) permite realizar estadías prácticas en empresas e institucións da Unión Europea, incluídas universidades.

Ao abeiro deste programa podes realizar prácticas extracurriculares en empresas no estranxeiro.

Tamén podes facer unha estadía nos laboratorios doutra universidade europea para levar a cabo un traballo práctico que che sirva para o TFG / TFM. Consulta a lista de destinos que se actualizará anualmente.

A duración mínima da mobilidade é de 2 meses pero poden realizarse estadías por períodos superiores. Cada estudante pode participar no programa Erasmus+ (estudos e/ou prácticas) durante un período máximo de 12 meses por ciclo de estudos (entendéndose por ciclo de estudos: grao, mestrado e doutoramento).

Os titulados recentes tamén poden participar neste programa se realizan a solicitude durante o último curso dos seus estudos oficiais na Universidade de Vigo e a súa estadía se leva a cabo no período dun ano dende a obtención do título.

A contía desta bolsa é compatible con calquera outra axuda que a institución de acollida queira aportar.

Se queres validar unhas prácticas extracurriculares realizadas ao abeiro deste programa polas prácticas en empresa curriculares da túa titulación de Grao, consulta o procedemento na Normativa de prácticas en empresa da EEI antes de iniciar a mobilidade.

Convocatoria 2022/2023 e 2023/2024

  • 1º prazo: ata o 17 de febreiro de 2023 ás 23:59 hora peninsular española. As estadías poderán realizarse entre o 01/04/2023 e o 30/10/2023.
  • 2º prazo: dende o 1 ao 30 de abril de 2023 ás 23:59 hora peninsular española. As estadías poderán realizarse entre o 01/06/2023 e o 31/07/2024.
  • 3º prazo: dende o 1 ao 30 de setembro de 2023 ás 23:59 hora peninsular española. As estadías poderán realizarse entre o 01/11/2023 e o 30/11/2024.

Algúns dos requisitos básicos para que os alumnos poidan concorrer son:

  • Estar matriculado na Universidade de Vigo en estudos de Licenciatura, Diplomatura, Enxeñería, Grao ou Mestrado
  • Ter superado polo menos o 50% dos créditos dos que consta a titulación (agás para os mestrados)
  • Contar coa carta de aceptación asinada pola institución de acollida e polo titor na Universidade de Vigo
  • Ter un informe favorable do docente da UVigo que vaia supervisar ao estudante no que se acredite que as prácticas teñen relación cos estudos do solicitante.