Estudantes de mobilidade ao Estranxeiro

Os destinos dos estudantes de mobilidade ao estranxeiro son moi diversos, tanto a distintos países europeos coma asiáticos, americanos ou a Australia.

Para solicitar a mobilidade, o alumno deberá solicitar o programa (ver programas de mobilidade) e, unha vez elixido coma alumno de mobilidade, habilitaráselle un contrato de estudos (Learning Agreement) na secretaría virtual que deberá cubrir e que despois será aceptado pola subdirección de exteriores. Para iso, o alumno debe levar o seu expediente académico (que non é preciso que sexa oficial) no que se mostre un resumo co número de créditos superados e pendentes. Así, a subdirectora de relacións internacionais poderá avaliar se o alumno cumpre os requisitos establecidos para aceptar ou non a mobilidade deste.

O contrato de estudos (Learning Agreement) será asinado pola Subdirección de Exteriores e entregado ao alumno no horario de atención establecido. Esta firma debe levarse a cabo antes da saída do alumno cara a Universidade de destino.

O alumno dispón do prazo dun mes dende a súa chegada á Universidade de destino para realizar calquera modificación no seu contrato de estudos (Learning Agreement). Para isto, como o contrato xa estará aceptado, o alumno debe de pórse en contacto, vía correo electrónico, coa Subdirección de Exteriores para que se volva a abrir o contrato de estudos na Secretaría Virtual e así o alumno poida realizar os cambios que desexe. Unha vez realizado o cambio, o alumno ten que informar mediante un correo electrónico á Subdirección de Exteriores unha vez máis para que o responsable acepte de novo o contrato de estudos e o envíe á Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da Universidade de Vigo. Á súa vez, esta enviará os documentos á oficina de Relacións Internacionais da Universidade de destino. O alumno debe de estar pendente da chegada de ditos documentos, pois teñen que ser firmados pola Universidade de destino e ser devoltos á ORI da Universidade de Vigo.

Os documentos necesarios e imprescindibles que debe recibir a Subdirección de Exteriores son dous:

  • O contrato de estudos (ou Learning Agreement) que deberá estar finalmente asinado tanto pola universidade de orixe coma pola de destino.
  • O certificado académico (ou Transcript of Records) cos resultados obtidos polo alumno na súa estancia no estranxeiro.

Os alumnos do Plan a Extinguir que teñan cursado materias que desexen recoñecer por créditos de libre elección deberán proceder de maneira distinta segundo á sede á que pertencen:

Sede Campus:

Este trámite lévase a cabo no negociado de alumnos da sede Campus. Unha vez que cheguen o certificado académico (Transcript of Records) e o contrato de estudos (Learning Agreement), sempre e cando a materia estea aprobada e figure no contrato de estudos, poderase proceder ao seu recoñecemento en dita secretaría.

Sede Cidade:

Neste caso, unha vez cheguen tanto o contrato de estudos (Learning Agreement) coma o certificado académico (Transcript of Records)o alumno debe acudir á subdirección de exteriores e, unha vez comprobado que a materia foi superada e figura no contrato de estudos, a subdirectora de relacións internacionais emitirá un informe para que o alumno leve ao negociado de alumnos da sede cidade e alí procedan ao seu recoñecemento.