Titores

 O estudante contará cun titor na entidade colaboradora e cun titor académico na Universidade. Estas funcións non poderán coincidir na mesma persoa.

Titor da empresa

O titor da empresa ou entidade colaboradora será unha persoa vinculada á mesma e con experiencia profesional na área na que o estudante vaia a desenvolver a súa actividade.

Funcións:

  • Supervisar as actividades realizadas nas prácticas
  • Orientar ao estudante na empresa ou entidade
  • Controlar o desenvolvemento da práctica
  • Estar en contacto co titor académico
  • Remitir o informe final de prácticas


Titor académico

Os titores académicos serán profesores que impartan docencia na titulación cursada polo alumno.

Funcións:

  • Velar polo normal desenvolvemento do proxecto formativo, garantindo a compatibilidade do horario de realización das prácticas coas obrigacións académicas, formativas e de representación e participación do estudante.
  • Facer un seguimento efectivo das prácticas coordinándose co titor da empresa ou entidade.
  • Autorizar as modificacións que se produzan no proxecto formativo.
  • Levar a cabo o proceso evaluador das prácticas do estudante tutelado.
  • Gardar confidencialidade en relación con calquera información que coñeza como consecuencia da súa actividade como titor.
  • Informar o coordinador de prácticas do centro de posibles incidencias.

A Coordinadora de prácticas da EEI asignará os titores académicos para as prácticas realizadas polos estudantes da EEI das titulacións de Grao, do Máster en Enxeñería Industrial e doutras titulacións xestionadas pola Comisión Permanente do centro, de acordo co establecido na normativa vixente. Polo que respecta ao resto das titulacións da EEI, a responsabilidade do nomeamento de titores académicos delegase no coordinador da titulación.