Asignación de grupos de 1º curso - 1ª matrícula.

Graos

 Xa podes consultar na túa Secretaría Virtual la asignación do grupo de aula, tanto de teoría como de prácticas.

Os grupos específicos de laboratorio publicaranse tan pronto sexa posible.

Lembramos que as preferencias de grupo son meramente informativas e non vinculantes para o Centro. A adxudicación do alumnado faise atendendo as necesidades de organización docente da EEI, máxime na situación tan excepcional na que se vai deselvolver o curso.

O único grupo que se imparte en inglés na Escola é o A07 do campus; se aparece indicado nalgún outro que se imparte en inglés trátase dun erro do sistema.