Plan de Prevención para o Control Sanitario (PPCS)

plan prevención

Debido á situación sanitaria na que nos atopamos, no curso 2020/21 toda a comunidade universitaria deberá coñecer e cumprir os protocolos establecidos no Plan de Prevención para o Control Sanitario elaborado pola EEI.

Trátase dun conxunto de medidas de seguridade e hixiene e recomendacións sobre o desenvolvemento da docencia, cuxa observación nos corresponde a todos (profesorado, alumnado persoal de administración e servizos...)

O papel de cada un de nós no cumprimento deste plan de prevención é esencial para garantir que a docencia poida transcorrer dun xeito seguro dentro da situación na que nos atopamos polo que agradecemos a vosa colaboración.

Podes consultar toda a información neste apartado.