Mestrado en Enxeñería Industrial 2020/21

Declaración de interese

O Mestrado en Enxeñería Industrial é un mestrado con atribucións profesionais plenas de Enxeñeiro Industrial, regulado pola Orde Ministerial CIN/311/2009. Esta é unha profesión apaixonante, con un longo percorrido profesional e cunha empregabilidade plena.

As empresas están a demandar cada vez máis este perfil pola súa ampla formación e a súa capacidade para a resolución de problemas. Este programa ofrece a posibilidade de facer o Traballo Fin de Mestrado nunha empresa.

Ademáis, o Mestrado da Escola de Enxeñería Industrial está acreditado pola prestixiosa Axencia ABET de referencia nos programas de Enxeñería e Tecnoloxía.

 

Non deixes escapar esta oportunidade de asegurar o teu futuro. Fai a túa reserva no seguinte formulario: Declaración de interese