Atención presencial con cita

cita previa

 Ante a situación creada pola COVID-19 e co fin de garantir a seguridade do persoal de administración e servizos, a do resto dos membros da comunidade universitaria e a da cidadanía en xeral, informámosvos de que é necesario pedir unha cita para que poidamos atendervos de forma presencial nas dependencias da Universidade de Vigo.


Antes de desprazarvos ás nosas oficinas, solicitámosvos que vos poñades en contacto co persoal do centro no que teñades que realizar as vosas xestións para que vos dean as instrucións oportunas ou a cita correspondente.

 

Na páxina web de cada Escola no apartado de administración e servizos atoparedes os teléfonos e os enderezos de correo electrónico de todas as áreas e unidades do centro: https://eei.uvigo.es/eei_gl/escola/servizos/.