Acreditación EUR-ACE

Selos EUR-ACE

 
A Escola de Enxeñería Industrial, no marco do seu Plan Estratéxico e en busca da excelencia nas súas titulacións, acada os selos de calidade EUR-ACE nas seguintes titulacións de grao: Grao en Enxeñería Electrónica Industrial e Automática, Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais e Grao en Enxeñería Mecánica.

Esta distinción súmase ao selo internacional ABET outorgado á súa titulación de Mestrado en Enxeñería Industrial.