Xornada de Orientación Universitaria

orientación

Os días 13 e 14 de maio de 2020 celebrarase unha Xornada de Orientación Universitaria virtual a través do Campus Remoto.

A xornada do 13 maio desenvolverase pola tarde e vai dirixida a alumnado de bacharelato e últimos cursos de ESO. Ofrecerase información sobre a ABAU, o proceso de preinscrición e matrícula, a oferta formativa e os servizos da Universidade de Vigo.

Para a xornada do día 14 de maio, están previstas sesións distribuídas por ámbito de coñecemento: Artes e Humanidades, ámbito Xurídico Social, Ciencias da Saúde, ámbito da Enxeñaría e Arquitectura.