Probas finais de avaliación

important

A Comisión Permanente da EEI acordou na súa sesión extraordinaria do 20 de abril, a consecuencia da suspensión das actividades presencias polo estado de alarma sanitaria, o atraso das probas de avaliación finais en dúas semanas.

Deste xeito, os exames do segundo cuadrimestre comezarán o 25 de maio e as probas da convocatoria de xullo comezarán o 29 de xuño, desprazándose en dúas semanas en relación á data orixinal. O calendario académico modificado podes consultalo na seguinte ligazón: planificación académica.