Guías de axuda online

Solidworks

Co obxecto de mitigar o efecto da situación creada pola alerta sanitaria informámosche que, dentro do convenio da Escola con CIMWORKS, púxose en marcha unha iniciativa para facilitar o uso de SOLIDWORKS Educacional desde casa.

Para iso, CIMWORKS pon a disposición unhas Guías de axuda online nas que se detallan todos os recursos dispoñibles (descargas de SOLIDWORKS, portal de contidos formativos online MySolidWorks, Blogues, Canle Youtube).

 

Hai unha Guía para os Docentes e outra para os Estudantes:

Para o acceso a estes recursos é necesario utilizar os números de licenza correspondentes á Universidade de Vigo.

Para obter os códigos debes poñerche en contacto co profesorado daquelas materias nas que o usas ou ben co subdirector de infraestruturas eei.infraestruturas.campus@uvigo.es.

Formación online gratuíta

Tamén está dispoñible un acceso aberto e gratuíto a todo o mundo do vídeo do curso online “SOLIDWORKS Básico, preparación para o Certificado CSWA”:  https://www.cimworks.es/categoria-producto/formacion/cimworks-training/.