Graduación EEI 2020

Graduación 2020

 O Acto de Graduación do alumnado de todas as titulacións da EEI (Graos e Mestrados) terá lugar o xoves 28 de maio de 2020 ás 18:00 horas no Auditorio de Congresos Mar de Vigo.

Debido ás restricións de aforo e para realizar unha previsión de asistentes o máis exacta posible, é necesario que todas as persoas que queiran asistir á graduación cubran o formulario de asistencia. O prazo finaliza o 20 de marzo.

Ademais, lembramos a todo o alumnado que a escola ten previsto realizar a gravación dun vídeo onde vos sintades identificados e pasédelo ben, para o que precisaremos da vosa colaboración.