Tes unha cita con EDUGAL

Edugal 2020

O 9º Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia (EDUGAL) terá lugar do 12 ao 14 de febreiro de 2020, no Recinto Feiral de Pontevedra.

O obxectivo desta celebración é dar continuidade á orientación académica e facilitar así a elección sobre o futuro profesional. Participan centros educativos e formativos, orientadores e profesionais do ensino, empresas e organizacións tanto do sector público como privado, con conferencias, charlas, demostracións e talleres para axudar aos estudantes a valorar entre as distintas opcións formativas das que dispoñen.


A Escola de Enxeñería Industrial non podía faltar a unha citan tan importante como a Feira EDUGAL.


A entrada é gratuíta e o horario de 10 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 h.

Pódese consultar máis información no arquivo adxunto.

 

Documents and links