I i-JoB: Jornada de Orientación Laboral

I i-JoB

O próximo 20 de febreiro de 2020 terá lugar unha Xornada de Orientación Laboral, no Salón de actos da EEI – Sede Campus, a partires das 16:30 horas.

A xornada está dirixida a todo o alumnado da EEI e ten como obxectivo dar a coñecer diferentes perfís profesionais dentro da enxeñería industrial. Participarán profesionais da enxeñería de empresas de diferentes sectores que contarán a súa experiencia. Ao final da xornada haberá unha mesa redonda.

Para participar neste evento é necesario facer a inscrición na seguinte ligazón: Formulario inscrición l i-JoB