VI Edición do Concurso de Robots da Escola de Enxeñería Industrial

cabeceira_robots

A Escola de Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo convoca a sexta edición da Competición de Robots en colaboración coa Rama de Estudantes do IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers) e da Sección de Estudantes de ISA (International Society of Automation) da Universidade de Vigo.

O prazo para realizar a inscrición na competición remata o día 30 de xaneiro de 2020 e a data da competición será o 24 de abril de 2020 a partires das 10:30 horas nas instalacións da Escola de Enxeñería Industrial, Sede Campus (Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo).

Ao igual que nas edicións anteriores, nesta competición existen dúas categorías:

  • BE ROBOT: dirixida aos alumnos de ESO e Bacharelato
  • DeMO ROBOT: para alumnos de Formación Profesional, titulacións universitarias e outros interesados en xeral.

 

Web VI Competición Robots