Xornada Técnica AER - Universidade de Vigo

Xornada AER

O próximo 5 de febreiro de 2020 celebrarase a I Xornada Técnica Aer Automation - Universidade de Vigo, no Salón de actos da EEI a partires das 16 horas, .

A inauguración da xornada contará coa participación do Vicerreitor de Planificación e Sustentabilidade da Uvigo, o director da Escola de Enxeñería Industrial da Uvigo e o Vicepresidente de AER.

Na Xornada debaterase sobre as novidades e tendencias en robótica industrial, coas intervencións do director do departamento de Enxeñería de Sistemas e Automática da EEI e relatores de firmas robóticas asociadas a AER: ABB, Kuka, Omron, Universal Robots e Schunk.

O acto concluirá cunha mesa redonda final moderada polo responsable de innovación en procesos ( Industria 4.0) en PSA Vigo.

Dadas as limitacións de aforo é necesario realizar a inscrición en: Xornada Técnica Aer- Uvigo.