Prácticas de Campo e Saídas de Estudos 2019/2020

saídas estudo 19/20

O prazo para presentar as solicitudes de prácticas de campo e saídas de estudos do 2º cuadrimestre do curso 2019/20 estará aberto ata o vindeiro 31 de xaneiro.

As solicitudes presentaranse no Negociado de Asuntos Xerais/Área de Apoio a Centro e Departamentos.

Xunto coa solicitude deberá presentarse o impreso de conformidade asinado polos coordinadores das materias afectadas pola práctica de campo ou saída de estudos (punto 4 da convocatoria) e a previsión de gastos cuberta no caso de actividades de máis dun día de duración (punto 2 da convocatoria).

O calendario elaborado con estas solicitudes ten que ser aprobado pola Comisión Permanente da Escola antes da finalización do prazo establecido na convocatoria pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria.