Taller de reanimación cardiopulmonar

reanimación

Con motivo do día mundial da Reanimación Cardiopulmonar (RCP), o SERGAS ven realizando talleres de divulgación das técnicas de Soporte Vital Básico (SVB).
O próximo mércores 16 de outubro celebrarase no salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus un destes talleres. Constará de 4 sesións consecutivas, de ata 30 persoas cada unha (cun total duns 120 asistentes). Exporanse contidos teóricos e prácticos similares en cada sesión,  referidos a como actuar en caso de parada cardiaca, reanimación cardio-pulmonar, etc.

O horario das sesións é o seguinte:

  • 1ª Sesión: 10:00 a 10:45 hs
  • 2ª Sesión: 11:00 a 11:45 hs
  • 3ª Sesión: 12:00 a 12:45 hs
  • 4ª Sesión: 13.00 a 13:45 hs

As persoas interesadas en acudir a este taller teñen que realizar a preinscripción en https://cutt.ly/Deu9svH