Resolución provisional á renuncia á avaliación continua

Renuncia á avaliación continua

Achégase a resolución provisional á Renuncia á Avaliación Continua no primeiro cuadrimestre do curso 2019/20.

No propio documento indícase a descrición das causas de denegación e o procedemento de reclamación.

O prazo para presentar a reclamación a esta resolución provisional é ata o 10 de outubro de 2019 ás 12 horas.

A documentación enviarase por correo electrónico a eei.secretario@uvigo.es, indicando nome e DNI, grao, materias ás que renuncia e achegando a documentación que considere.

Agradecémosvos que no caso de resolución favorable revisedes que estea todo correcto.