Asignación de grupos e Subgrupos de Prácticas

Graos

O alumnado que comeza estudos nalgún grao da EEI (1º curso) e que fixo a matricula nos dous primeiros chamamentos da CIUG, poderán consultar a través da Secretaría Virtual a súa asignación de grupo e subgrupo de prácticas para o curso 2019/2020.

Recordamos que as preferencias de grupo son meramente informativas e non vinculantes para o centro. A adxudicación de alumnos faise tendo en conta o expediente académico e as necesidades de organización académica da EEI. O alumnado que se matricule durante os seguintes chamamentos, asignaráselle o grupo no mes de setembro segundo a matrícula.

O programa das actividades de acollida da EEI podes consultalas na seguinte ligazón