Xornada de Portas Abertas

Xornada

A Xornada de Portas Abertas é unha oportunidade única para coñecer de preto a EEI, unha Escola con unha ampla experiencia e prestixio nos estudios de Enxeñería Industrial con titulacións adaptadas as exixencias da sociedade e preparada para os retos e os desafíos do futuro.

Durante a xornada, prevista para o vindeiro 20 de xuño de 2019, os asistentes coñecerán polo miúdo toda a oferta formativa e terán a ocasión de resolver as súas dúbidas sobre as titulacións impartidas polo centro. Nesta xornada tamén terán a posibilidade de visitar as instalacións e achegarse a un mundo cheo de tecnoloxía onde se prepararan os enxeñeiros do futuro.

 

Non deixes pasar esta ocasión, esperámoste!

A asistencia é gratuíta pero é preciso facer o rexistro enchendo o seguinte formulario.