Compromiso Ético

Código ético

 Co obxecto de garantir o compromiso ético nas diferentes actividades, a Escola de Enxeñería foi pioneira na aplicación de sistemas anti-plaxio na realización de TFG/ TFM. Ademais, como experiencia piloto, durante o período de realización das probas de avaliación, estableceranse controis aleatorios para evitar o uso de dispositivos non autorizados e asegurar o cumprimento do código ético que todo o alumnado da EEI acepta no momento de formalizar a súa matrícula.