Eleccións dos membros da Comisión Permanente da EEI e da Xunta de Titulación da EEI (2019)

Eleccións

Segundo o aprobado na sesión ordinaria da Xunta Electoral realizada con data de 2 de abril de 2019, publícase o calendario electoral para as eleccións dos membros da Comisión Permanente e da Xunta de Titulación da EEI.

A información sobre o proceso electoral estará dispoñible nos Taboleiros Electorais de ambas sedes e na web da EEI, nesta ligazón

As reclamacións debidamente argumentadas e a presentación de candidaturas poderán realizarse na área de Apoio a Centro e Departamentos ou no Negociado de Asuntos Xerais de calquera das dúas sedes da EEI de 9.00 a 14.00 horas.