Deep Learning ONRAMP

Curso MATLAB

O grupo de traballo de MATLAB & Simulink da Universidade de Vigo organizará a próxima semana 5 sesións do curso “ Deep Learning ONRAMP” en colaboración coa EEI.

Neste curso os alumnos e alumnas da Universidade de Vigo poderán descubrir o mundo do Deep Learning: redes neuronais, adestramento de algoritmos, recoñecemento e análise de obxectos a través das imaxes, etc. Este novo concepto é, a día de hoxe, unha revolución na industria que está a dar lugar a aplicacións tan coñecidas como o coche autónomo.

Ao finalizar o curso, os alumnos obterán un diploma acreditativo.

 

Para maior información pódese contactar coa organización a través do correo mathworks@uvigo.es


Inscricións aquí