Acreditación ABET

ABET

 A prestixiosa Axencia de Acreditación de Estados Unidos ABET ( Accreditation Board for Engineering and Technology), que acredita programas de enxeñería e ciencia aplicada en todo o mundo, emitiu informe positivo sobre o programa correspondente aos estudos de Máster en Enxeñería Industrial (equivalente ao Enxeñeiro Industrial) da EEI da Universidade de Vigo. A EEI convértese nunha das primeiras Escolas de Enxeñería que ostentan esta prestixiosa acreditación nun programa de Máster en Enxeñería Industrial (equivalente ao Enxeñeiro Industrial).


ABET é unha organización sen ánimo de lucro, formada por asociacións profesionais e técnicas, acreditadora de estudos universitarios no ámbito das ciencias aplicadas, a informática, a enxeñería e a tecnoloxía. Está considerada como a máis importante en todo o mundo en enxeñerías e supón a garantía de que os estudos en cuestión cumpren amplamente co requirido polas respectivas profesións. Durante case 80 anos, ABET estableceu os estándares de ensino superior no seu ámbito de actuación. Por ese motivo, moitas das institucións de educación superior de primeiro nivel aspiran a alcanzar o seu selo de excelencia.


Ademais de proporcionar ás institucións de educación superior un mecanismo estruturado para analizar, avaliar e mellorar as súas titulacións, a acreditación ABET serve tamén aos estudantes, porque lles axuda a elixir os mellores programas e aos empleadores, porque lles permite identificar os graduados que están ben preparados. Os estudantes que se gradúan en titulacións acreditados por ABET teñen mellores oportunidades de emprego e de mobilidade global.


Para máis información consultar a ligazón: http://www.abet.org