Asignación de grupo ós alumnos de iniciación de estudos

Graos

Os alumnos que comezan estudos nalgún Grao da EEI (1º curso) e matriculados nos dous primeiros chamamentos da CIUG, poderán consultar nos vindeiros días,a través da Secretaría Virtual, a súa asignación de grupo e subgrupo de prácticas para o curso 2018/2019.

Recordamos que as preferencias de grupo son meramente informativas e non vinculantes para o centro. A adxudicación de alumnos faise tendo en conta o expediente académico e as necesidades de organización académica da EEI. Os alumnos que se matriculen durante os seguintes chamamentos, asignaráselle o grupo no mes de setembro segundo a matrícula.

Recorda que as actividades de acollida comezan o martes 4 de setembro de 2018 e son de asistencia obrigatoria para todos os alumnos.