Prácticas de Campo e Saídas de Estudo 2018/2019

salidas de campo

Ata o vindeiro 1 de outubro está aberto o prazo para presentar as solicitudes de prácticas de campo e saídas de estudo para o 1º cuadrimestre do curso 2018/2019.


As solicitudes presentáranse nos Negociados de Asuntos Xerais.


Xunto coa solicitude, deberá presentarse o impreso de conformidade asinado polos coordinadores da materias afectadas pola Práctica de campo ou Saída de estudos (punto 4 da convocatoria) e a previsión de gastos cuberta no caso de actividades de máis dun día de duración (punto 2 da convocatoria).


O calendario elaborado con estas solicitudes ten que ser aprobado pola Comisión Permanente da Escola antes da finalización do prazo establecido na convocatoria pola Vicerreitoría de Estudantes.