Seminario de Loxística

seminario loxistica

O vindeiro mércores 23 de maio, en horario de 10:00 a 14:30 horas, terá lugar en Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo o XXVI Seminario de Loxística, organizado polo Grupo de Enxeñería de Organización ( GIO) da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo.

Unha vez máis, o Seminario pretende servir de punto de encontro para todos aqueles profesionais relacionados coa área loxística, tendo como obxectivo presentar as últimas tendencias nesta área e ofrecer experiencias prácticas da súa implantación, todo isto a través das intervencións de prestixiosos profesionais.

 

O programa de relatorios previsto é o seguinte:

  • 10:00 horas. “Congalsa. A mellora continua na xestión produtiva. A experiencia de Congalsa”. Relatora: Noela Prieto Prieto, Responsable de Mellora Continua en CONGALSA
  • 11:00 horas. “A xestión de compras nun contexto global. A experiencia dunha empresa de automoción”. Relatora: Juan Santos, Senior Manager Compras en ZF GROUP
  • 12:00 horas. Pausa café
  • 12:30 horas. “Loxística de Proxectos Especiais. Casos reais”. Relator: Xoán Martínez Reboredo, Chief Executive Officer en KALEIDO, Ideas & Logistics
  • 13:30 horas. “A Fábrica Virtual 4.0”. Relator: Luís López Fulgueira, Director Xeral en Industrial Recense
  • 14:30 horas. Comida para todos os asistentes no Comedor da Escola de Enxeñería de Minas. Prezo 13€/persoa (Posibilidade de apuntarse no formulario de inscrición)

A asistencia ao Seminario é gratuíta.
Máis información no folleto adxunto.

Documentos e enlaces