Plan de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia Ultreia 2020

Banderolas_UE_e_Britanica

Na resolución Reitoral do 12 de abril publícase que unha das titulacións seleccionadas para implantar unha liña en inglés no curso 2018/2019 é o grao en Tecnoloxías Industriais da Universidade de Vigo. 

No mes de novembro de 2017 a Xunta de Galicia fixo público a aprobación do Plan de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia Ultreia 2020, no que se recolle un conxunto de accións que teñen como obxectivo que as universidades galegas poidan dar un novo salto de calidade. Este plan recolle dez medidas englobadas en dous grupos. O primeiro composto por tres accións vinculadas á mellora dos indicadores, e, o segundo, por sete accións que se desenvolverán mediante convenios e convocatorias da propia Xunta de Galicia.

Dentro do primeiro grupo, una das accións consiste na implantación de graos con decencia en inglés. O obxectivo é crear un grupo - cun mínimo de 20 alumnos - dentro dunha titulación oficial de grao xa existente, onde éstes reciban un mínimo do 80% dos créditos obrigatorios en lingua inglesa.