Recomendacións para a elaboración do Traballo Fin de Grao

tfg

Dentro do Plan de Acción Tutorial (PAT) 2017/2018 da EEI, o luns 19 de marzo terá lugar no Salón de Actos da EEI Sede Campus o seguinte obradoiro destinado a alumnos de 4º curso de todos os graos:

"Recomendacións para a elaboración e presentación do Traballo Fin de Grao"

Profesores: Jorge Cerqueiro Pequeño e Ana Mejías Sacaluga

Horario: 12:30 a 14:00 horas.

Obxectivo: axudar aos alumnos a realizar con éxito o TFG, dende o punto de vista do aprendizaxe e a cualificación

Programa:

- Repasar as partes fundamentais que compoñen a estrutura do TFG (traballos técnicos, de empresa/organización e de investigación)

- Recomendacións sobre como elaborar o documento A3

- Recordar aspectos chave de formato e redacción

- Bases para unha boa presentación oral