Axenda

xoves

16

xullo

11:15 h

Xornada Virtual Portas Abertas

puertas abiertas 2020 O 16 de xullo celebrarase unha nova edición desta Xornada da EEI

 

A Xornada de Portas Abertas é unha oportunidade única para coñecer de preto a EEI, unha Escola cunha ampla experiencia e prestixio nos estudos de Enxeñería Industrial con titulacións adaptadas ás esixencias da sociedade e preparada para os retos e os desafíos do futuro.

 

Este ano, por cuestións de seguridade, a xornada será de forma virtual, polo que poderás participar neste evento sen ter que desprazarte.

 

O programa desta xornada é o seguinte:

11:15 h. Rexistro/recepción na sala virtual.
11:30 h. Benvida e presentación da Escola.
11:45 h. Oferta formativa. Novas Titulacións.
12:30 h. Ronda de preguntas polos asistentes.
13:00 h. Peche da Xornada.

 

Rexistro en:  Formulario rexistro asistencia