Axenda

mércores

13

maio

17:00 h

Xornada de Orientación Universitaria

Orientación Os días 13 e 14 de maio de 2020 celebrarase unha Xornada de Orientación Universitaria con carácter virtual a través do Campus Remoto.

 

A xornada do día 13 desenvolverase en horario de tarde e vai dirixida a alumnado de bacharelato e últimos cursos de ESO. 

 

 

 

O programa desta xornada será o seguinte:

  • 17:00 - 17:05 horas. INAUGURACIÓN DA XORNADA

Natalia Caparrini, Vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria 

  • 17:05 - 17:30 horas. ABAU, PREINSCRIPCIÓN, ACCESO E MATRÍCULA

Magdalena Domínguez, Xefa de Sección de Información ao Estudantado (SIE)

  • 17:30 - 17:45 horas. QUENDA DE PREGUNTAS
  • 17:45 - 18:00 horas. OFERTA FORMATIVA GRAOS UVIGO

Susana Rodríguez Barcia, Directora da Área de Captación de Alumnado 

  • 18:00 - 18:10 horas. QUENDA DE PREGUNTAS
  • 18:10 - 18:20 horas. SERVIZOS XERAIS

Ana Caamaño Martínez, Técnica de Captación de Alumnado

  • 18:20 - 18:30 horas. QUENDA DE PREGUNTAS