Axenda

xoves

28

novembro

18:30 h

MEI day: Encontro de titulad@s/estudant@s do Mestrado en Enxeñería Industrial

MEI Day 2019 Xoves 28 de novembro ás 18:30 h. no Salón de Actos da EEI – Sede Campus

O MEI Day é unha xornada que ten por obxecto reunir os/as Egresados/as e Estudantes/as que este curso están matriculados no Mestrado en Enxeñaría Industrial e poder compartir e intercambiar as súas experiencias profesionais e de emprendemento. Trátase dunha xornada que quere poñer en valor o papel da Enxeñería Industrial e servir para coñecer aqueles proxectos nos que veñen traballando os/as nosos/as enxeñeiros/as.

 

Na II Edición desenvolverase una conferencia baixo o título de "Estratexia e perfís profesionais para a innovación. A experiencia de Boeing Research & Technology-Europe" que será impartida por D. Eduardo Carrillo de Albornoz, Director de estratexia e desenvolvemento de negocio de Boeing Research & Technology-Europe.

 

Achégase o programa do acto.